viernes, 22 de febrero de 2008

LIBRO DE ESTILO

- Resolución da pantalla: 1024 x 768

- Diagramación e elementos básicos: Wally Steet caracterízase por unha cabeceira común a todas as seccións e todos os htm, para darlle un carácter unificado a toda a web. O Pedregrín (logo da páxina) aparece en todas as seccións como icona gráfica representativa e que ó mesmo tempo nos permite voltar ao index. Nas seccións de COMPOSTELA INSIDE e de VIP IN COMPOSTELA o seu deseño cambia en consonacia coa temática de cada caso, pero faise perfectamente identificable coa súa función común. Tamén nas seccións que teñen “subcontidos” ou varios contidos, como o caso de LENDAS ou CURIOSIDADES, aparece sempre un menú lateral á esquerda que nos presenta todos os contidos sen ter que voltar ao index ou páxina inicial da sección(caso de LENDAS).

- Estrutura da páxina: Procuramos que ningunha páxina tivese desprazamento horizontal porque no noso caso resultaría máis molesto que últil. Na sección de CURIOSIDADES hai htm nas que o contido era moi sintético polo que o dispuxemos de xeito que non aparecesen tampouco desprazamentos verticais.

- Utilización de táboas, capas e marcos: Tanto o contido textual como gráfico foi disposto e creado mediante capas, o que leva consigo un gran traballo e unha intensa dificultade á hora de facer a web. Non empregamos táboas, o que nos facilitaría tal traballo.

- Cores identificativos do proxecto: As cores principais e identificativas son o azul e o vermello “viño”, común aos botóns flash das seccións e da sección de lendas en particular. (publicaremos os códigos das cores en breves)

- Tipografía: Courier New. Eliximos esta fonte polo seu carácter sobrio e porque cremos que dotaría a web da seriedade e da credibilidade que queremos mostrar na maioría de seccións, como a de CURIOSIDADES , LENDAS ou VIP.

- Uso e características das imaxes: Cobran especial importancia na sección de CURIOSIDADES, xa que grazas á sustitución de imaxes podemos localizar nos casos nos que nos foi posible, o lugar dun xeito máis global que ilustre a explicación e situación descrita no texto, e tamén unha descripción visual da curiosidade máis de preto.Nos casos das Lendas, ou Vip serven meramente de acompañamento do texto.

- Uso e características do son:Non empregamos ningún tipo de son de ambiente ou de fondo, nin sons para accións ou botóns, porque cremos que a primeira opción é tremendamente molesta e disfuncional para calquera web que non sexa musical ou de presentación de grupos musicais ou eventos de tal carácter.

- Uso e características do vídeo: Empregamos o vídeo para o trailer da web, que supón unha presentación do contido da web, creando as espectativas que pretendemos. Tamén empregamos vídeos de youtube en algunhas seccións

- Actualización de contidos: Polo contido da web, non sería un elemento importante, xa que as curiosidades non se crean nunha cidade a diario, senón nun tempo máis prolongado.

- Recursos interactivos: Sobre todo os vídeos. A nosa interactividade básase na ampla posibilidade de navegación

- Información complementaria: Gran esforzo de documentación. Entre ela: artigos do xornal elpais.com e outras webs. Tamén:

Guía de Santiago”, G.Fuertes Dominguez

“Guía de Santiago de Compostela”, El País Aguilar

“Santiago y Galicia”, Xacobeo Galicia

Autovaloración (Sergio González)

Wally Street, Compostela: 8’625

-Contidos: 8,5. Presentáronseme como novos no momento da creazón da web, agora evidentemente xa non, mais resúltanme interesantes en certa dose, xa que está ben saber que en Compostela hai algo máis có botafumeiro. Porén os contidos non teñen como obxectivo a promoción turística, senón que están máis dirixidos ás persoas que viven/vivimos aquí, que hai moitas cousas que non sabemos.

-Deseño: 7,5. Tratamos de coidar este apartado, distribuíndo texto e imaxe dun xeito que consideramos axeitado; pero a prioridade era a concepción funcional da páxina. Porén nalgúns apartados non atopamos fotos minimamente coherentes co texto, entón evidentemente están só con texto e dan unha sensación de baleiro con respecto a outros apartados da mesma sección. O menú principal considero que está moi traballado, e paréceme un acerto incluír os mapas de proximidade dentro da sección das curiosidades e sinalar cal onde está a que estamos a ver.

-Estrutura: 9. Os apartados da web están estruturados dun xeito moi sinxelo, que para min crea unha estrutura sumamente evidente. Creo que os contidos de cada apartado teñen unha boa organización.

-Navegación: 9,5. É sinxela e con fácil acceso entre seccións e ao menú principal, no cal a sinalización no mapa compleméntase coa navegación pola sección chamada Curiosidades A-turísticas. Permite saltar entre seccións e entre os distintos apartados sen ir ao menú, mais tamén ir ao menú se así se quixer.

-Aspectos positivos: as cores elixidas son discretas e que non cansan a vista. As posibilidades da navegación son moi amplas. Os contidos son novidosos case integramente. A posibilidade de navegación mediante o emprego dos mapas na sección Curiosidades A-turísticas creo que é un importante punto ao noso favor.

-Aspectos negativos: algún nome de sección non é todo o explícito que debera. Deberiamos ter salientado máis a presenza do tráiler, que case non se ve no menú principal; probabelmente deberamos ter feito unha páxina de inicio anterior ao menú principal, e así non ter que poñer as animacións de flash para chamar a atención, que seguramente non son todo o boas que deberan. Os contidos non teñen por que interesar a todas as persoas que vivan en Compostela (aínda que isto é un risco evidente de todas as páxinas) e hai seccións que teñen maior peso ca outras.

AUTOVALORACIÓN por Pedro Díaz López

WALLY STREET,COMPOSTELA:8,5

Deseño: 7 O deseño non presenta grandes dotes de creatividade, e porque a atención non estivo posta esencialmente nelo, xa que o obxectivo era a funcionalidade e o contido da web.

Contidos:9. Creo que é o punto forte, xa que sobre todo a sección principal de "curiosidades A-turísticas" presentada como tal no index, supón unha novidade para un target de interés elevado, xa que nin os propios sangiagueses coñecen a maioría destas rarezas. Creo que están ben presentados e sintetizados, co que rapidamente podes saber o que é cada cousa. O mesmo comentario recibiría a sección de VIP IN COMPOSTELA, que presenta en case todos os casos a personaxes que se ven pola rúa pero dos cales non temos información. Baséanse pois, na resolución de curiosidades; unha materia a da curiosidade que todos experimentamos.

Estrutura:9. Todas as seccións están presentes en todas as htm da web, polo que a estrutura é clara e facilita a navegación. Toda a web mantén unha mesma disposición dos contidos polo que penso que está ben coexionada e non se convirte nun laberinto. O index creo que presenta ben os contidos, dunha maneira sinxela e rapida. Cunha rapida visual podemos ver o contido da web

Navegación:9. Sinxela pero creo que moi funcional. En ningún caso o usuario está suxeito a un camiño prefixado, ou a unha ou dúas alternativas. Ademais en seccións como a de LENDAS ou a de CURIOSIDADES A-TURISTICAS, aparece un menu lateral en cada un dos seus correspondentes htm co contido de toda esa seccion, para non ter que voltar ó index ou a unha paxina principal. Hai múltiples opcións de navegación: mediante os nomes das curiosidades, dun xeito máis "explorador" mediante o mapa cos seus puntos claves, ou xa metidos en cada unha das curiosidades, con submapas onde aparecen outras curiosidades cercanas.

Aspectos positivos: Un bo index, ben plantexado, cun deseño bastante bo, e o contido; suxerente e novidoso.

Aspectos negativos: un deseño moi sinxelo, sen moito risco, máis alá dos botóns flash e do index. As seccións de Vip en compostela e a de Compostela Inside perderon peso con respecto ás de CURIOSIDADES E LENDAS, xa que son moito máis subxectivas co que a web perde a credibilidade e seriedade da que a dotan as outras seccións. Tamén a disposición dos contidos destas seccións criticadas son demasiado sinxelos, de pouco atractivo visual para o espectador.

DUCK AMUCK (1953)

Duck Amuck foi unha curtametraxe animada dirixida por Chuck Jones e producida por Warner Bros. Cartoons. Foi estreada no ano 1953, aínda que feita no 51. O que acontece é que o Pato Lucas é vítima dunha serie de cambios da súa aparencia física e mesmo do seu contorno, a mans dun animador anónimo. Descóbrese ao remate que este animador era Bugs Bunny.

O director quería amosar a capacidade dun personaxe de ser recoñecíbel alén da súa aparencia física cotiá ou a súa voz e en diferentes transformazóns diríxese ao público para preguntarllo.

É unha mostra do tema xa clásico da revelazón da criatura contra quen a creou, a loita contra un creador posesivo e dominador nunha arela de emancipación persoal.

Informe da web

INFORME

Introducción

O mundo web é cada vez máis extenso, e por iso é complicado encontrar ideas orixinais que ademais consigan conectar cun público obxectivo. Intentando enfrontarnos a esta complicada tarea, tivemos a impresión de que cada idea que se nos ocorría non serviría, ben por estar xa feita ou ben por ser difícil de levar a cabo. Foi o caso, por exemplo, da primeira idea que desbotamos, a de facer unha páxina sobre series de animación. Vimos que este tema non nos permitía aportar cousas verdadeiramente nosas o proxecto e, por iso, decidimos cambiar. Foi difícil porque tiñamos xa a idea anterior algo plantexada, coas súas seccións de decididas e as partes de cada un dos compoñentes do grupo.

Debates sobre a web

Desde un comezo queríamos unha web que mostrase o lado alternativo de algo. De este xeito, primeiro pensamos nun proxecto basado nunha especie de axencia de viaxes con destinos alternativos, que nunca te atoparías nunha axencia convencional. Desbotamos a opción por ser excesivamente creativa e con pouco interés máis que o de diversión. Tras esto, tivemos un pequeno interese pola creación dun espazo onde recopiláramos fragmentos de series de animación nos que se fagan referencias a esceas de películas de cine. Tamén a rexeitamos porque era algo que xa existía. Finalmente, tras descubrir libros e tras conversas fortuítas, decidimos que a primeira idea que tivéramos, podía abordarse con carácter verídico e con contido útil, se falábamos de Santiago. Foi pois, cando comezamos un arduo traballo de documentación.

Definición da páxina

Wally Street Compostela é unha páxina web que pretende mostrar as partes curiosas, ocultas, de Santiago de Compostela, tanto no plano histórico como no plano do contexto sociolóxico actual. Pretendemos deixar de lado os “tópicos” santiagueses e as “típicas” rutas para turistas, co obxectivo de mostrar que hai máis alá das cousas que mostran as guías turísticas. O seu obxectivo é informar tanto a curiosos, novos visitantes e tamén por suposto a habituais residentes ou visitantes da cidade, de cousas sobre Santiago que non coñezan ou servir un instrumento entretido para ampliar o coñecemento da cidade. Isto dependerá claro, de cada un, pero ó referirnos a un público máis ou menos amplo, arriesgámonos a que algunhas cousas xa sexan coñecidas polos internautas.

Público obxectivo

O noso público obxectivo comprende un amplo espectro, pero pretende sobretodo centrarse nun público xoven ( entre 18 e 40 anos ), curioso co que lle rodea. Isto non exclúe por suposto que a páxina non poida ser interesante para un espectro más amplo de idades, pero o deseño e o estilo dos textos teñen en principio ese público obxectivo. Este público contería, aparte de persoas coas idades indicadas anteriormente, para persoas que lles guste viaxar e darse tempo para coñecer máis profundamente os lugares nos que se encontra. Pode ser o caso por exemplo de xóvenes que están de erasmus, que teñen tempo para interesarse polas curiosidades das cidades, unha vez coñecen as “clásicas” atraccións turísticas. Serán, polo tanto, persoas que teñan unha mente aberta e vitalidade, sabendo apreciar o punto cómico que poden chegar a ter as cousas.

Recursos técnicos e humanos

Os recursos técnicos usados para materializar este proxecto foron por un lado, os equipos informáticos da facultade de ciencias da comunicación e, por outro, os ordenadores portátiles nosos. Os recursos humanos que empregamos fomos nós mesmos: Pedro Díaz López, Sergio González Leis e Lois Blanco Araúxo, así como "entrevistas" con familiares que coñecían certas hisotorias de Compostela, e outros coñecidos. Tamén o emprego dunha cámara dixital SONY para a realización do trailer da web, así como a "contratación de amizade" de Daniel Villaverde e Xurxo López como protagonistas.



Planificación e deseño

O contido da páxina fómolo orgnizando segundo iamos encontrando cousas que nos interesaban para poñer na páxina, ou que nós mesmos queriamos contar ao respecto da temática da nosa páxina. Desta maneira dividimos o contido en cinco seccións diferentes: Lendas, Curiosidades A-turísticas, Mandamentos do Camiño, Compostela Inside e Vip in Compostela. Na sección de Lendas propoñemos ó internauta que descubra historias que proveñen ben, do “boca a boca” da xente, ou tamén historias escritas con referentes reais. É o que podemos chamar “mítica contemporánea” con pouca ou moita base histórica, é dicir, historias nas que o referente é real pero envoltas en caracteríticas que teñen certo grao de ficción.
A sección Curiosidades A-turísticas son breves referencias a elementos curiosos de santiago, ben sexa comparados con comportamentos sociais ou con características dignas de ser citadas. Na sección Mandamentos do Camiño tratamos de recomendar ós peregrinos na súa viaxe, intetando incidir nas cousas verdadeiramente prácticas e persoais, deixando de lado o espírito relixioso do asunto. A través de experiencias persoais recomendamos ós peregrinos unha serie de cousas que lles poidan servir para evitar complicacións no Camiño. A sección Santiago “Inside” é a máis contemporánea. Damos a nosa opinión de cousas que vemos en Santiago que nos chaman a antención, usando vídeos para exemplificar as cousas das que falamos. No apartado “Vips compostela” tratamos de acercanos un pouco máis ós personaxes representativos de Santiago. Hai que explicar que non nos referimos a representativos no seu sentido habitual, é dicir, o de “importantes”. Estes personaxes inciden máis no día a día na cidade ou son persoas curiosas dentro do contexto social.
Repartimos desta maneira contidos de actualidade, de historia e os relacionados coa mítica ou a lenda. Desta maneira, nos acercamos a diferentes planos temporais e sociolóxicos, mostrando una visión ampla pero concreta do que nos interesa mostrar.
O icono da nosa páxina, o “Wallygrin”, é un símbolo dun dos nosos obxectivos: fundir Santiago coa curiosidade da búsqueda. Escollimos desta maneira un icono compostelán para convetilo nun icono propio mediante modificacións. Usar un mapa como referente de navegación é unha forma visual de conseguir o que buscamos: despertar ese interese polas cousas “menos comúns” que se esconden na cidade.
A cor azul usada para o fondo principal é agradable á vista, xa que tende a tranquilizar e a dar armonía axuda a despertar a curiosade. Desta maneira conseguimos unha páxina que non force a vista pola súa cor, permitindo que tanto os seus elementos textuais como fotográficos adquiran o protagonismo. Cada sección ten unha gama de cores e un fondo distinto, diferenciando varios ambientes dentro da páxina.
Os textos, presentados mediante o tipo de letra Curier New, teñen unha apariencia que está entre a sobriedade e un aporte de certa fiabilidade, favorecendo a cercanía co público obxectivo.

Obxectivos

Mostrar o lado alternativo dunha cidade que todos entendemos como exemplo de turística e cuxos destinos e intereses están prefixados e ben marcados. Con esta web, pretendemos botar abaixo con esta crenza, demostrando que ata nos lugares máis pequenos, como pode ser Santiago, podes atopar curiosidades e actividades inóspitas e divertidas, coas que convertirte nun peregrino ou viaxante alternativo.

Difusión:

No caso dunha web desta categoría, o máis común é a súa difusión mediante organismos públicos, xa que supón unha publicidade para a cidade. Eso sí, unha implicación pública suporía certas limitacións nos contidos, en materia irónica sobre todo, que a día de hoxe non fixemos.

Documentación:

O proceso máis elaborado. Servímonos de artigos

Tarefas

As tareas exactas de cada un dos membros do equipo de taballo foron as seguintes:
- Pedro Díaz López: deseño e contidos
- Serxio González Leis: deseño
- Lois Blanco Araúxo: contidos



Presuposto e financiación

Neste apartado do informe faremos unha soposión empresarial do traballo feito no noso proxecto. Realmente traballamos ao redor de 200 horas como pouco, pero no caso dun presuposto a un cliente, os erros e as travas informáticas non se poderían engadir, polo que 90 horas serían suficientes se tivesemos coñecementos informáticos necesarios como para identificar virus e outros problemas, arranxalos e continuar co traballo. A 24 euros por hora, temos un total de 2160 euros, correspondendo lle 720 para cada un. Tendo en conta que contamos cunhas computadoras de mesa Intel Pentium 4 a 1.6 Gh, que están no mercado a un precio de aproximadamente 570 euros e, dado que utilizamos tres, teremos que sumarlle ó presuposto unha cantidade de 1.710 euros. A esto hai que engadirlle tamén a utilización de dous portátiles os cales, se sumamos o prezo dos dous obtemos unha cantidade de 2.260 euros. De esto deberíamos establecer unhas operacións de amortización deste tipo de capital, do seu gasto como tecnoloxía. Poñamos aproximadamente uns 100 euros por cada portátil, xa que os outros son cedidos pola Universidade.Cabe tamén engadir un salario ós protagonistas do trailer. A un prezo de 10 euros/hora, e empregando unha tarde, 4 horas, saliría a 40 euros cada un. Teremos tamén en conta a elección do servidor. Se escollemos un servidor gratuito para publicar a nosa web non egadiremos este custo ó presuposto pero, no caso de elixir un servidor de pago teriamos que telo en conta. Pensamos en que compensa facer algo de gasto e comprar un dominio propio para a nosa web, xa que telo daríanos máis personalidade e fariamos máis accesible a páxina.

TOTAL: 2240 euros.Sempre nunha aproximación a gran escala

Autovaloración por Lois Blanco Araúxo

Wally Street, Compostela: 8’7

- Contidos: 8 .Creo que abarcamos un espectro de temas que tratan de maneira ampla e interesante o que se pretende coa web. Están bastante ben estructurados e están presentados sempre cun toque se humor. Destacar que poden resultar interesantes de ler tanto ás persoas que coñecen Santiago como as que non, e isto é importante.

- Deseño: 8.5. É certo que visualmente non chama a atención pero o elementos como os botóns en flash danlle á páxina unha mobilidade que está moi ben. A páxina inicial co mapa e a creación dun estilo propio bastante definido están presentes na páxina.

- Estructura: 9. É visualmente clara e comprensible. Permiten seguir os contidos dunha maneira moi intuitica e sinxela.

- Navegación: 9. O mapa permite abrir un camiño diferente para navegar pola web, tendo nos apartados un pequeño mapiña para situarnos ben. Todas as seccións están enlazadas unhas coas outras sen ningún problema.

- Aspectos positivos: a orixinalidade da proposta, xunto cunha estructura ben realizada e a navegación sinxela.

- Aspectos negativos: quizais o exceso de textos, botando en falta elementos visuais máis atractivos para o visitante.

Alan Becker


Rebeldía do código informático ou cómo facer para que as túas creacións non vaian na túa contra. Alan Becker realiza coas súas pezas de animación un exercicio de inxenio e humor ( con grandes doses de paciencia ) para propoñer algo digno de verse. Poderemos chamarlle frikismo do flash ou xenialidade con apariencia simple ( para os que non coñezan a animación ), xa que cunha distancia crítica non é algo visualmente impactante. Diriamos que é visualmente innovador, iso si. Vemos nunha creación visual algo que non estamos acostumados a ver deformado ou descontrolado, o noso propio escritorio ou os nosos propios programas. É animación dentro dela mesma, un exercicio de metaanimación. Non sabemos si a palabra existe, pero Alan Becker podería ser un dos motivos máis importantes para o establecemento da mesma. É interesante como un boneco aparentemente sinxelo pode converterse no protagonista dunha acción de rebeldía, a creación contra o creador. Digamos que Becker crea unha ciencia-ficción informática, facendonos as típicas propostas deste tipo de xénero e meternos nun mundo moi cercano para nós, pero tamén igualmente “retorcido” e inesperado.
Hai veces que estaría ben poder pelexarse físicamente coas animacións que se pretende crear...